Sunday 28 de April de 2024

O Concello organiza unha viaxe dunha fin de semana a Braga e Guimaraes para maiores de 55 anos


· Ofrécense 54 prazas e terán preferencia aquelas persoas que estean empadroadas en Bergondo.

· O prazo para apuntarse será entre as 10:00 e as 20:00 horas os días 4 e 5 de abril.

O Concello de Bergondo organiza unha viaxe de fin de semana os días 19, 20 e 21 de abril ás cidades portuguesas de Braga e Guimaraes para persoas maiores de 55 anos.

Ofrécense 54 prazas e terán preferencia aquelas persoas empadroadas en Bergondo. Cada persoa poderá inscribirse a si mesma e a un ou unha acompañante os días 4 e 5 de abril, entre as 10:00 e as 20:00 horas, no teléfono 604 854 108. No caso de que haxa máis persoas solicitantes que prazas se realizará un sorteo público, nos Servizos Sociais municipais, o 9 de abril ás 10 horas.

No itinerario contémplanse visitas por Braga, Guimaraes, Ponche a Lima ou o santuario do Bom Xesús do Monte, no que visitarán impresionantes monumentos nun ambiente moi animado. O prezo será de 150 euros por persoa en cuarto dobre e 180 euros por persoa en cuarto individual no Hotel do parque Bom Xesús.

Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 981 791 252 ext.4 ou na oficina de Servizos Sociais do Concello en horario de 8:30 a 15:00 horas de luns a venres.